O Despacho

FEBRERO AVOGADOS

FEBRERO AVOGADOS nace en 1989 en SANTIAGO DE COMPOSTELA, especializado na prestación de servizos de alta calidade técnica e máxima seguridade xurídica, tanto a particulares como a empresas, institucións e colectivos profesionais, e ten establecido alianzas de colaboración con outras firmas de avogados e economistas, tanto en España como en América Latina.

defendemos os teus intereses

Todos podemos ter calquera problema xurídico, e debemos ter dereito á mellor defensa e mellor solución posible.
Pero despois de calquera problema xurídico, deberiamos implementar as cautelas necesarias para evitar que un problema similar se poida volver a repetir.

A meirande parte dos conflictos xurídicos que se lle presentan a unha persoa ou a unha empresa teñen implicacións que van moito máis lonxe do concreto problema xurídico a resolver.

Unha reclamación de cantidade hase de resolver a través dos variados remedios xurídicos que existen (conciliación, arbitraxe, mediación ou reclamación xudicial) pero tamén é sintomático dun déficit determinado que resolveremos (¿Por qué se produciu o impagado? ¿por unha deficiencia de comunicación do noso cliente?, ¿Por un contrato previo impreciso?, ¿por unha deficiencia de execución das súas obrigas ou por insolvencia do debedor? ¿Qué podemos facer no futuro para evitar un problema similar?).

Un equipo profesional

O despacho conta con profesionais cunha filosofía de traballo e servizo volcada ao cliente, entendendo a súa problemática global, sendo asertivos cos seus problemas, e buscando sempre as solucións máis xustas, máis rápidas e máis éticas. A tal fin, un grupo de expertos xuristas, grandes coñecedores do Dereito, e especialistas en diversas áreas, veñen colaborando de xeito conxunto a prol dos seus clientes.

Configurámonos como un Despacho multidisciplinar integrado por Avogados especialistas en todas as especialidades do Dereito e cunha ampla experiencia profesional, onde a eficacia, a seriedade, a formación continuada, o trato persoalizado e asertivo dispensado aos nosos clientes e a busca da solución máis convinte e axeitada para os intereses dos mesmos, son a nosa principal guía.

Coñece o noso equipo